Manual de usuario¶
Unha vez instalado o plugin engadirase unha nova entrada no menú Web e tres novas accións na barra de ferramentas:
- Mostra o diálogo para conectar con un servidor SOS e engadir unha capa de observacións.
- Visualiza o ficheiro XML usado para xerar a capa activa.
- Xera unha gráfica coas observacións correspondentes ás entidades seleccionadas na capa activa.
Crear capa de observacións¶
Ó pulsar a acción mostrarase o formulario seguinte:
Diálogo de conexión co servidor, sen datos.
Neste formulario pódese xestionar a lista de servidores cos botóns Novo, Editar e Eliminar, e co botón Conectar visualizar as capacidades do servidor seleccionado.
Unha vez se conectou con un servidor móstranse as súas capacidades na lapela Información:
Diálogo de conexión co servidor, con datos
Para obter as observacións débese seleccionar unha oferta no campo Ofertas e pódese modificar no Nome da capa. Tamén se poden indicar os datos que correspondan nas lapelas dispoñibles:
Lista de propiedades da oferta. Pode seleccionar unha ou varias.
Lista de entidades da oferta. Pode seleccionar varias ou ningunha.
Lista de procedementos. Pode seleccionar varios ou ningún.
Filtros dispoñibles. Pódense activar varios ó mesmo tempo. No caso
do espacial, pulsando na icona poderase seleccionar a xeometría a
consultar debuxando no mapa.
Pódese seleccionar o modelo de resultado entre os dispoñibles para
o servidor. Permite indicar se todas as entidades terán información
xeométrica ou so a primeira para cada foi e seleccionar se engadir a
capa ó TimeManager. Tamén se pode seleccionar o directorio de traballo
no que se gardan os datos descargados.
Unha vez seleccionadas as opcións desexadas pódese engadir a capa ó QGIS pulsando no botón Engadir, ou cambiar o XML a enviar antes de engadir a capa co botón ’Editar petición’.
Engadir capa SOS
Gráficos en dúas dimensións¶
Para visualizar un gráfico é necesario que a capa activa teña unha ou
máis entidades seleccionadas, e despois premer no botón .
Executar ferramenta SOS Plot
Esta operación abrirá unha nova ventá (figura [fig:sosplot]) na que se visualizará a gráfica, e na que se poden editar as opcións do mesmo e interactuar coa gráfica.
SOS Plot: Gráfica de varias series
Neste formulario pódese editar o título do gráfico e dos eixos, a propiedade a representar en cada eixo e os límites dos mesmos, o formato no que representar o tempo, a inclusión dunha lenda, e o estilo e cor de liña e marcador de cada unha das series debuxadas. Amais sobre a gráfica pódese facer zoom, desprazala e gardar a imaxe.